O Correo de Caldas-Tabeirós

Cambian de lugar as actividades do San Paio o día 24

  • 23 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. O edil estradense de Eventos, Gonzalo Louzao, anunciou que as malas previsións meteorolóxicas para o venres 24 conlevarán o cambio de ubicación de varias das actividades das festas patronais do San Paio. Mantense todos os eventos e non se modificarán os horarios.

O concerto do grupo de acordeóns Os Lóstregos e Marietta, previsto nos xardíns municipais ás 12.30 horas, celebrarase no Teatro Principal, e a exhibición da escola de baile Sondodance mudarase para o pavillón Manuel Coto Ferreiro. En caso de choiva, o pregón de David Amor e a actuación de Treixadura, pasarán tamén ao Principal, e as actividades infantís, ao luns 27. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.