O Correo de Caldas-Tabeirós

Cogami sairá ás rúas da Estrada para sensibilizar

  • 30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. Cogami, conmemorará o sábado, 3 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, sacando os talleres dos usuarios de Medelo (Silleda) á rúa na localidade pontevedresa da Estrada. Como a celebración cadra en fin de semana e o centro de recursos que Cogami ten en Medelo está pechado, dende a dirección do centro decidiron adiantar os preparativos conmemorativos desta data.

Así, este mércores, 30 de novembro, coincidindo con que é un día de feira, estarán na sala da Fundación ABanca do concello de A Estrada a onde trasladarán os talleres ocupacionais para que as veciñas e veciños poidan ver como os usuarios do centro elaboran en directo os distintos traballos artesanais que deseñan.

Ademais, colocarán un punto informativo para asesorar e sensibilizar sobre o voluntariado, ao coincidir o 5 de decembro co Día Internacional dos Voluntarios. Indicar que Cogami conta cunha rede de voluntariado que supera o millar de persoas que acompañan as persoas con discapacidade, e dan apoios a estudantes que precisan reforzo en algunha materia, apoio en charlas de sensibilización ou acompañamento en actividades de ocio ou terapéuticas. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.