O Correo de Caldas-Tabeirós

Concertos e tapas de salmón para os estradenses durante o fin de semana das Letras

Hoxe as 12.00 horas leerase o pregón e terá lugar a ofrenda floral na alameda a cargo de García Teijeiro

  • 17 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. Como estaba previsto en principio, e ante a melloría do tempo na tarde do domingo, o concerto de De Vacas celebrouse onte finalmente na praza do Concello de A Estrada, unha localidade que viviu un fin de semana das Letras cheo de concertos e con gran ambiente pola ruta das tapas de salmón.

Onte domingo o percorrido polas tapas ofertadas por unha vintena de hosteleiros voltaron a ser a alterntiva e a coller o pulo do venres, xa que a mal tempo aguó a festa na xornada sábatina. Tamén onte moitos restaurante da vila incorporaron o salmón a seus pratos sumandose deste xeito a festa.

As tapas que los establecementos ofertaron, a un prezo de dous euros a unidades, desde o venres e ata onte, foron a primeira actividade do sector hosteleiro tralo parón obrigado polas restriccións impostas pola pandemia sanitaria, e o sector empeza a animarse e atraer ao público aos locais con este tipo de iniciativas, eso si postas en marcha seguindo con todas as indicacións e normas que impoñe a COVID-19, segundo apuntan desde o Concello.

Pero o marxe do apartado gastronómico, a música tamén foi un prato principal onte domingo na Estrada. O concerto das vacas, unha das agrupacións musicais de moda en Galicia, iniciouse as 20.00 horas e cumpriu cos aforos.

Antes, pola mañá, ás 12.30 horas no Teatro Principal, tivo á lugar a actuación da Coral Polifónica Estradense, interpretando un repertorio de pezas populares galegas ante un auditorio con aforo reducido.

DÍA CENTRAL Xa para hoxe luns, Día das Letras Galegas, está previsto o pregón e a ofrenda floral ás 12.00 horas, na alameda municipal a cargo do poeta Antonio García Teijeiro, coa colaboración da Banda de Gaitas de Barbude.

Unha hora máis tarde será o turno da actuación do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso que ofrecerá o seu concerto na Praza do Concello.

E xa pola tarde, pechará os actos festivos do Salmón e das Letras , a Banda de Música Municipal cun concerto para o que xa non quedan invitacións. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.