O Correo de Caldas-Tabeirós

Dez mil visitas recibiu o Belén Artesanal de Valga nos primeiros sete días

  • 13 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

VALGA. O Belén Artesanal en Movemento segue a demostrar a súa condición de gran atractivo turístico do Nadal en Valga, con cifras de visitas que fan esquecer a pandemia e as restricións dos últimos anos. Na primeira semana de apertura, dende o pasado día 4, máis de 10.000 persoas pasaron polo nacemento de Campaña. Xa na propia xornada inaugural se puido percibir a expectación, con moitísimo público das procedencias máis diversas agardando ás portas do local da rúa Nova para descubrir as novas incorporacións. As xornadas de maior afluencia foron o xoves (festivo) e o domingo, cando as ringleiras de persoas chegaron ata a gasolineira existente na zona e foi necesario ampliar o horario de visitas, que é de luns a venres de 17.30 a 20.30, os sábados de 17.00 a 20.30 e os domingos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.