O Correo de Caldas-Tabeirós

O barítono Carlos Álvarez impartiu unha clase maxistral de ópera no CSM de Valga

  • 29 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Valga. O cantante Carlos Álvarez, unha primeira figura no mundo da ópera, estivo esta fin de semana en Valga impartindo unha masterclass de canto no Centro Superior de Música. O barítono malagueño, recoñecido internacionalmente e que ten actuado nos mellores escenarios do mundo (o Metropolitan de Nova Iorque, o Covent Garden de Londres ou a Scala de Milán, entre outros), foi recibido no auditorio municipal pola concelleira Malena Isorna, polos codirectores do CSM Galicia, Manuel Villar e Pere Molina, e polos alumnos que asisten á súa clase maxistral: 13 activos e 8 oíntes. Isorna destacou o “orgullo” que supón para o Concello de Valga recibir a un dos máximos representantes vocais a nivel mundial e “albergar proxectos tan ilusionantes” coma o Centro Superior de Música, que ten a súa sede no auditorio.

Durante a fin de semana, os inscritos participaron en clases individuais e colectivas con traballos de técnica vocal e repertorio. “Non me gusta llamarlo masterclass”, matiza Carlos Álvarez, “sino una reunión en la que una persona con experiencia vital y profesional transmite sus conocimientos a otras que necesitan de esa instrucción. Intentaré transmitirles ideas y conceptos” explicou e os “alumnos tendrán la oportunidad de demostrar sus capacidades”.

Álvarez recala en Valga logo de actuar no Teatro de la Zarzuela de Madrid, onde conmemorou os 30 anos do seu debut. A próxima cita será o 7 de decembro na Scala de Milán. “Tengo la oportunidad de actuar en los mejores teatros del mundo, pero también hay que venir a lugares coma Valga para que sus gentes tengan la oportunidad de conocer disciplinas como la ópera”, dixo. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.