O Correo de Caldas-Tabeirós

O Palacio de Xusticia da Estrada licítase no verán

  • 04 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

a estrada. O alcalde da Estrada, José López, avanzou que os prazos para a construción do novo edificio xudicial na Baiuca co que a Xunta de Galicia dotará á Estrada “mantéñense segundo o previsto”, e garanten a licitación das obras durante os meses de verán. A redacción do proxecto, adxudicada pola Administración autonómica ao arquitecto Víctor Manuel Puga López o pasado 11 de abril por 69.796 euros, estaba suxeita a un prazo de oito semanas para a súa elaboración. O rexedor local anuncia que “o proxecto será presentado a vindeira semana” e, a partir de entón, “xa se coordinaron os seguintes pasos coa Consellería de Presidencia, e Xustiza”. Unha vez sexa presentado o proxecto, a Xunta terá un mes para supervisalo e, logo de emitir o seu informe favorable, comezará a licitación co obxectivo de “ter os traballos adxudicados antes do remate deste ano”, dixo López. Os xulgados levantaranse nunha parcela de 2.834 m2 . arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.