O Correo de Caldas-Tabeirós

O PSOE propón un plan para manter na Estrada as infraestruturas locais

Consideran que esta necesidade non se pode aprazar e din que é unha vella demanda

  • 15 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. O PSOE da Estrada vén de rexistrar unha moción para que se redacte un Plan de Mantemento de Infraestruturas Municipais. O líder socialista, Luis López Bueno, considera necesario elaborar un documento que recolla as actuacións que hai que realizar nas parroquias e en todos os edificios municipais. Explica que dito informe “debe fixar un calendario de tarefas, e débese cumprir”.

Os socialistas propoñen que sexa o persoal do Concello o que escriba o devandito plan, unha decisión que parece lóxica tendo en conta o coñecemento do entorno e tamén o aforro de recursos que supón para o Concello “en vez de entregarlle milleiros de euros a unha consultora”.

López Bueno considera que esta necesidade “non se pode aprazar máis” xa que “practicamente non se realiza mantemento nas parroquias e que os desbroces que se fan son claramente insuficientes”, sentencia. Bueno continúa argumentando que “un desbroce ao ano non resolve a obriga que ten o Concello de asumir a limpeza viaria, nin garante a salubridade”. Considera “inadmisible” que non se atendan as demandas dos veciños e veciñas, que di, “levan anos” trasladándolle ao Concello as deficiencias que existen no mantemento do rural. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.