O Correo de Caldas-Tabeirós

Obradoiros educativos e homenaxe a mulleres traballadoras en Caldas

O Concello programa un mes de marzo de actividades sobre a igualdade de sexos

  • 02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Caldas de Reis. A concelleira de Igualdade, Inés Fuentes, deu a coñecer a programación de actividades en marzo con motivo do Día Internacional da Muller e para sensibilizar á poboación da necesidade de seguir loitando para acadar a igualdade real.

Así, celebrarán unha serie de obradoiros de sensibilización sobre estereotipos de xénero na mocidade e de fomento da igualdade para o alumnado de 4º o 5º de Primaria dos centros educativos da vila: CPI Alfonso VII, CEIP San Clemente, CPR A Encarnación e CPR San Fermín. Durante tres sesións de 50 minutos cada unha, e a través de diversas dinámicas e xogos, traballarán temáticas como a identidade sexual e roles de xénero, tarefas domésticas e igualdade entre sexos.

Así mesmo, o proxecto 8 de marzo: mulleres da vila céntrase en 18 mulleres emprendedoras caldenses que a través dos seus negocios dan vida ás rúas e ofrecen os seus servizos á cidadanía. Unha serie de fotografías expostas nos seus escaparates e un vídeo contando as súas historias conforman a súa homenaxe. Ademais, a casa do Concello ornamentarase durante marzo cunha alfombra de boas de cor lila colocada no balcón principal. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.