O Correo de Caldas-Tabeirós

Pereiro supervisa as obras do edificio de usos administrativos de Valga

  • 26 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

valga. O xefe territorial de Presidencia da Xunta, Ramón Pereiro, acompañado polo alcalde, José María Bello, e a concelleira Carmen Gómez visitaron onte o edificio de usos administrativos, de Valga, no que recentemente se executou a segunda fase da instalación dos sistemas de climatización. Estas obras, cun coste de 97.452,67 euros, financiáronse a través dun convenio asinado entre o Concello e a Vicepresidencia. Os responsables comprobaron a execución do proxecto, a cargo da empresa valguesa Nurmel S.L. e que foi continuación dos traballos realizados o ano pasado na planta baixa do inmoble, na que xa prestan servizo a Policía Local, o xulgado de paz e Radio Valga. Daquela instaláronse unha bomba de calor aire-auga e varios ‘fancoils de cassette’ de dous tubos nas dependencias. Estes dispositivos van colocados no teito e están formados por unha batería de intercambio de frío e calor e un ventilador. Agora completouse o sistema de climatización coa colocación dun recuperador de calor e de ‘fancoils de cassette’ de baixo consumo enerxético na biblioteca e no arquivo. Tamén se instalaron os condutos de ventilación necesarios e executouse un tabique de bloque cerámico de termoarxila para illar a sala de máquinas. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.