O Correo de Caldas-Tabeirós

Pide o BNG da Estrada que se retiren os coches abandonados nas rúas

Sinalan que teñen localizados polo menos catro vehículos nas beiravías da N-640

  • 18 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. A concelleira do BNG, Susana Camba, levará ao vindeiro pleno do mes de marzo unha petición ao goberno municipal para que se retiren os coches abandonados situados nas rúas da vila. Afirma que “no BNG temos localizado cando menos catro vehículos que están aparcados nas beiravías da N-640 en Matalobos e Guimarei, e tamén no centro da vila”, di.

“Entendemos que o goberno municipal tiña que ser máis dilixente e retiralos”, explica, “porque aínda que estean parados e algúns xa nin rodas teñen, temos que lembrar que hai uns catro ou cinco anos unha muller de Guimarei morreu atropelada por un destes vehículos ao que, o deterioro sufrido ao longo de anos, fixo que se lle soltaran os freos”, explica Susana Camba. Consideran dende o Bloque que o goberno “non pode deixar que eses coches formen parte da paisaxe”, xa que algúns “levan moitos anos aparcados”, sinala. “Son un evidente perigo e cómpre retiralos, e ademais nalgún caso ocupan prazas públicas de aparcamento”, engade a concelleira do BNG.

“Por outra parte”, explica, “son outro exemplo da política medioambiental do PP e de como ten en estado de abandono as rúas da vila e o rural”, apostilla Camba. “Só existen un par de rúas, sobre as que actúa unha e outra vez”, asegura. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.