O Correo de Caldas-Tabeirós

Premian a Protección Civil de Valga polos 25 anos de traballo

A pandemia impediu que o acto de recoñecemento se celebrase no 2020

  • 11 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Valga. A agrupación de Protección Civil de Valga vén de recibir unha condecoración polos 25 anos de servizo público. O colectivo foi creado no ano 1995, polo que o vixésimo quinto aniversario cumpriuse en 2020. Sen embargo, a pandemia impediu que o acto de recoñecemento se celebrase ata o de agora.

Foi o pasado sábado cando a Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios Protección Civil celebrou na Estrada, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, o acto de entrega das distincións a diferentes agrupacións e voluntarios polos servizos prestados e méritos contraídos nestes anos.

En representación da Agrupación de Valga asistiu o seu presidente, José Manuel Otero, ao que acompañou o concelleiro responsable da área de Seguridade e Protección Civil. Protección Civil de Valga conta na actualidade cunha decena de membros.

A sede da agrupación valguesa atópase en Baño e presta servizo as 24 horas do día en todo tipo de emerxencias e colaborando, ademais, co Concello en actividades municipais.

Foi o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, quen presidiu o acto de entrega das medallas e condecoracións e puxo en valor hoxe o papel das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), ás que definiu como un piar clave na rede dos servizos de emerxencias da comunidade ofrecendo un apoio imprescindible nas tarefas de prevención e nas intervencións ante calquera incidencia. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.