O Correo de Caldas-Tabeirós

Reclaman á Xunta que asuma a titularidade da EP-8001

    • 30 oct 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Caldas. A Deputación de Pontevedra vén de dirixirse por carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para reactivar o proceso de transferencia mutua de estradas asinado no ano 2010 e que leva xa 11 anos paralizado.

    No escrito, o organismo provincial expresa a vontade de establecer como máxima prioridade a transferencia da estrada provincial EP-8001 Caldas-Carracedo-Catoira tendo en conta a súa singularidade como estrada interprovincial e que, ademais, absorbe un importante volume de tráfico que circula entre dúas vías de alta capacidade, como son a autovía autonómica AG-11 do Barbanza e a AP-9, segundo precisan desde a institución. arca

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.