O Correo de Caldas-Tabeirós

A Estrada

  • 05 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) amosou a súa satisfacción pola aprobación no pleno municipal da comprometida modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT). Unha medida que, segundo a central, “supón un avance moi importante na organización dos servizos, na incorporación de todos os postos de traballo existentes no plantel, na homoxeneización e tratamento retributivo equitativo dos postos de traballo, na carreira profesional e a promoción interna e na actualización das funcións de todos os postos de traballo, cun dobre obxectivo: retribuír a cada traballador/a polas funcións que realmente desempeña e mellorar a organización e o funcionamento dos servizos públicos”.

Segundo explican, o documento aprobado é o resultado dun longo proceso de conflito, de xudicialización das relacións laborais, pero, e sobor de todo, da negociación. Este proceso de negociación foi impulsado por CC.OO. e aceptado en firme polo goberno municipal dende o 11 de febreiro de 2021 e concluído no mes de agosto dese ano cun acordo, que tamén contou coa participación da CSIF, alongándose no tempo a súa aprobación plenaria, tanto por cuestións xudiciais como de carácter administrativo, según argumenta a central.

De todos xeitos, Comisións Obreiras sinala que o documento “non deixa de presentar algunhas eivas de carácter individual que esperamos que se poidan resolver na fase de alegacións”. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.