O Correo de Caldas-Tabeirós

Vagalumes trae a Cuntis o libro sobre amores clandestinos

  • 29 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cuntis. O venres 30 de decembro de 2022, ás 20.00 horas e na casa da cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis, a asociación cultural Vagalumes presentará a última obra que vén de editar: Amores clandestinos no renacemento: O deán Gabriel Rodríguez e María Criada, do cuntense Héitor Picallo, autor de numerosas obras de diversa temática, e o estradense Damián Porto Rico, doutor en Historia Moderna e técnico documentalista no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago.

A presentación tamén contará coa presenza da escritora Baia Fernández de la Torre, do escritor David Otero e do historiador Marcos Borrageros, estes últimos representantes do colectivo organizador. Segundo os autores, esta obra leva rematada unha ducia de anos, mais ningunha Administración se animou a publicala, e iso que versa sobre a historia de dous personaxes ilustres da historia galega: o deán Gabriel Rodríguez de Casal de Raros e a súa parella María ‘Criada’.

O extenso ensaio que presenta Vagalumes, prologado polo debuxante Grato E. Amor Moreno e deseñado por Martiño Picallo, ofrece moitas historias paralelas, como a do cura de Olives e Rubín Vasco de Ulloa. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.