O Correo de Caldas-Tabeirós

Valga destina máis de 123.000 euros a arranxar as estradas municipais

  • 13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

VALGA. O Concello de Valga investirá 123.590’56 euros do Plan Concellos da Deputación na reparación de varias estradas de titularidade municipal e noutras actuacións de mellora da seguridade viaria nas cinco parroquias do municipio. O proxecto, que acaba de saír a licitación, contempla obras de acondicionamento en catro viais que se atopan en deficientes condicións, co obxectivo de ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto peóns coma vehículos. As estradas sobre as que se actuará atópanse en Martores, Cimadevila e Igrexa (Setecoros) e tamén se arranxará un camiño municipal entre a estrada EP-8501 e o Parque Irmáns Dios Mosquera. Ademais, está previsto acondicionar o estacionamento contiguo á igrexa parroquial de Setecoros. Tamén se instalarán varios redutores de velocidade en estradas das cinco parroquias. A.P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.