O Correo de Caldas-Tabeirós

Valga licita a senda peonil e vía ciclable ata o Carballiño

  • 25 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Valga. O Concello de Valga acaba de sacar a licitación unha nova obra para continuar mellorando e ampliando as infraestruturas de comunicación no municipio. A actuación proxectada é a construción dun sendeiro peonil e unha vía ciclable que comunicará a rúa Doutor de Oya Salgueiro –nas inmediacións da casa consistorial– coa zona do Carballiño.

O sendeiro terá unha lonxitude aproximada de 900 metros e discorrerá en paralelo á estrada existente, con pavimento de xabre e un ancho de dous metros. O proxecto, incluído no Plan Concellos 2022-2023 da Deputación, conta cun orzamento de 128.771,60 euros. Os traballos inclúen a limpeza e acondicionamento do tramo polo que discorrerá a senda, con desbroces e cortas selectivas de arborado próximo á vía.

Con este novo sendeiro habilitarase unha opción segura para os desprazamentos a pé ou en bicicleta entre o Carballiño e o núcleo de Valga, aproveitando as alternativas que ofrece o propio territorio para fomentar a mobilidade.

“Esta é unha aposta que está a facer o goberno municipal de Valga con diversos proxectos de creación de infraestruturas de mobilidade alternativa e activa”, explican desde o Concello. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.