O Correo de Caldas-Tabeirós

Vinte desempregados valgueses e de Moraña formáronse no cuarto obradoiro Ulla-Umia

Bello Maneiro participou na clausura, que estivo presidida pola delegada territorial Luisa Piñeiro

  • 10 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Valga. O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, participaron en Moraña no acto de clausura do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV, unha iniciativa promovida por Valga e Moraña, que formou a vinte parados de ambos concellos e que contou con 336.446 euros de financiamento por parte da Xunta de Galicia.

A clausura contou coa asistencia da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, así como o alcalde de Moraña, José Cela. En representación do Concello de Valga asistiu tamén o concelleiro Pedro Calvo. Estiveron acompañados polo persoal administrativo e docente do Obradoiro, encabezado pola directora, María del Carmen Vidal, e o alumnado. Foron en total vinte as persoas desempregadas que participaron nesta acción formativa, divididos nas especialidades de albanelería e forestais.

Bello Maneiro felicitou aos alumnos, que cos certificados de profesionalidade recibidos hoxe “verán incrementadas as súas posibilidades de insertarse no mercado laboral”. O rexedor puxo en valor o traballo realizado por todo o equipo do obradoiro nun ano complicado, no que a pandemia obrigou a paralizar a actividade durante varios meses. Ademais, resaltou as obras de utilidade pública que os aprendices levaron a cabo e que quedarán para uso e desfrute de todos os valgueses.

Na especialidade de albanelería traballaron no acondicionamento da planta baixo cuberta do edificio de usos administrativos e acondicionaron os vestiarios e aseos que comparten o ximnasio municipal e o pavillón de Beiro. No tocante ao módulo del forestais, realizáronse obras de acondicionamento do Miradoiro de Beiro, limpeza do xacemento arqueolóxico Igrexa Vella e actuacións de desbroce, poda e plantación de árbores noutros espazos verdes do municipio coma o parque Irmáns Dios Mosquera, a praia fluvial de Vilarello ou mesmo a lagoa local chamada Mina Mercedes.

“Ogallá todo este traballo voso sirva de trampolín” para atopar un emprego nos sectores da construción e forestal, remarcou o alcalde. Por último, Bello Maneiro referiuse á colaboración que dende hai anos manteñen Valga e Moraña para sacar adiante proxectos coma este que levan, xan as edicións. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.