O Correo de Deza

A recollida de vidro en Lalín aumentouse un 27 por cento

  • 17 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lalín. A recollida selectiva de vidro no Concello de Lalín incrementouse máis dun 27 % no último ano, o que permite acadar unha taxa de reciclaxe preto dos 25 quilogramos/habitante/ano, unha cifra de referencia destacable, non só por riba da media dos concellos da provincia, senón mesmo de Galicia e incluso a nivel estatal. Así o subliña o concelleiro de Medio Ambiente, César Reboredo, que atribúe esta suba a iniciativas como a campaña de reciclaxe de vidro na hostalería promovida polo Concello e por Ecovidrio o ano pasado a fin de facilitar e fomentar a recollida deste material, e que contou cunha activa colaboración por parte do sector.

Cómpre recordar que técnicos de Ecovidrio visitaron os locais hostaleiros da capital do Deza para informar os donos de como facer correctamente este proceso e ofrecerlle a posibilidade de entregarlle cubos con rodas para facilitarlles o almacenamento, transporte e depósito do vidro nos contedores destinados á súa reciclaxe.

Ademais tamén se instalaron nas rúas novos contedores para facilitar esta separación, serigrafiados cunha imaxe vinculada ao municipio e á Feira do Cocido (instaláronse en xaneiro de 2021).

Reboredo, que anunciou unha nova campaña, explica que “queremos seguir contribuíndo a que o sector da hostalería continúe con este bo hábito de reciclar vidro e tamén para que dispoñen dos medios axeitados para facelo correctamente”. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.