O Correo de Deza

Aprazan a novembro de 2021 a celebración da feira Enerxétika

Cancelouse no mes de marzo pola crise sanitaria e o comité pon agora a data

  • 18 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. A terceira edición da feira da enerxía de Galicia, que pasou a denominarse Enerxétika, celebrarase finalmente do 4 ao 6 de novembro do 2021. O certame, previsto inicialmente do 26 ao 28 de marzo deste ano, tivo que ser aprazado sen data debido á crise sanitaria xerada pola covid-19. Agora, as importantes empresas e entidades do sector que forman parte do seu comité organizador, mostraron o seu apoio por unanimidade a celebrar esta terceira edición no vindeiro ano.

Neste sentido, consideraron que 2021 perfílase como o máis indicado para a súa celebración, xa que será de gran importancia para o sector debido a que a transición enerxética está a acelerarse enormemente, coas consecuentes innovacións tecnolóxicas, cambios regulatorios e tramitacións de proxectos, que farán que a feira sexa un foro idóneo no mellor momento posible. Así mesmo, será un ano de gran relevancia para Galicia pola celebración do Xacobeo 2021, o cal tamén influirá na citada feira.

Ademais de fixar as datas de Enerxétika, o comité determinou que, dada a nova realidade que vivimos, é importante para o evento complementar o seu carácter presencial coa posibilidade de acceder a parte do seu contido de forma online. Un aspecto que se irá implementando nos vindeiros meses. ARCA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.