O Correo de Deza

Censuran os actos de vandalismo contra os elementos arqueolóxicos no Castro de Toiriz

  • 01 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. O Concello de Silleda fixo público onte un comunicado no que lamenta a aparición de varias pintadas nas pedras da croa do Castro de Toiriz, preto do casco urbano. Este atentado contra o patrimonio foi alertado dende a empresa que está a executar os traballos de posta en valor do xacemento, a través do proxecto Trazas de Pontevedra I, promovido pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento.

Segundo explican desde o Concello de Silleda, nas últimas semanas levouse a cabo a limpeza da zona e onte mesmo o acceso ao castro quedou valado para o inicio dos traballos. “É lamentable que se sigan a producir estes feitos vandálicos, que aínda doen máis cando estamos a falar do patrimonio histórico”, engade o alcalde Manuel Cuiña.

A aparición destas pintadas feitas nas pedras, un símbolo inconfundible deste castro, xa foi posta en coñecemento de Patrimonio.

MOBILIARIO URBANO. Por outra banda, tamén nos últimos días se detectaron máis accións contra o mobiliario urbano relacionado tamén co patrimonio arqueolóxico.

Así, un dos paneis informativos sobre a Mámoa de Carballosa, en Laro, apareceu derribado, e outra das sinais direccionais en madeira tamén desapareceu.

“Facemos un chamamento á colaboración cidadá e á importancia de concienciarnos que tanto o mobiliario público e os bens culturais son patrimonio de toda a veciñanza”, engade o alcalde da localidade pontevedresa. s. e

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.