O Correo de Deza

Con maxia, humor, clown e talleres contará a nova edición do Divercocido

  • 21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

LALÍn. O Concello de Lalín promove para a tarde do venres 3 de febreiro e para o sábado 4 de febreiro, en xornada de mañá e tarde, o Divercocido 23, un festival familiar que nesta nova edición combina música infantil, maxia, humor, obradoiros, xogos tradicionais, circo e clown. Unha programación municipal moi variada de actividades, todas gratuítas, dirixidas a todos os públicos e que é posible grazas a colaboración da Deputación de Pontevedra. A concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Blanco, subliña que “o obxectivo do Concello co Divercocido é ofrecer un espazo e unha programación diversa arredor da Feira do Cocido pensada especificamente para as familias e dun xeito especial para a cativada”.

As actividades desenvolveranse todas na Carpa do Cocido. Iniciaránse o vernes, 3, ás 17.00 horas, con xogos populares e unha hora máis tarde Paco Nogueira estará con Radio Bulebule. Ás 19.00 haberá obradoiros e as 20.00 Culturactiva Producións chega con Saaabor! Xa o sábado 4 de febreiro de 11.00 a 13.00 horas, Dani García e O museo encantado e de 11 a 14.00 xogos populares con Xotramu. Ás 13 horas Uxía Lambona e a Banda Molona chegan con Astronauta sideral. De 16 a 18 h. volta Dani García. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.