O Correo de Deza

Duras críticas á suba dos soldos do goberno de Silleda e unha asesora

O PP non entende como ó mesmo tempo conxelan partidas para centros educativos

    • 07 feb 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Silleda. Os presupostos aprobados polo pleno municipal de Silleda contemplan un aumento de gasto nos soldos do goberno e o cargo de libre designación, mentras se deixan sen cubrir sete das prazas que quedaron vacantes para subcontratar outras empresas, ou se conxelan ou reducen partidas como as relativas ós centros educativos, as de cultura, bibliotecas públicas ou atención social primaria.

    Para o Partido Popular esta situación deixa as claras cales son os intereses do goberno municipal silledense. “Este non é o momento de intereses persoais, é o momento de axudar ós veciños, polo que non podemos compartir estas decisións, sobre todo cando hai concelleiros que están cobrando e case non aparecen polo concello como é o caso do concelleiro de Medio Ambiente. Se non é o momento de aumentar o gasto nos nosos colexios, nas bibliotecas ou en atención social, tampouco o é nos soldos do alcalde ou dos concelleiros, nin do seu persoal de confianza”.

    Precisamente neste punto o voceiro do PP foi moi crítico, concretamente en relación “co custo previsto para o cargo de xefa de prensa e protocolo, que ocupa a muller dun coñecido construtor do noso concello sen cualificación coñecida para o posto. Vemos como se produce un incremento máis que notable, xa que este ano pasará a costarnos 1.500 euros máis que o ano pasado, chegando case os 25.000 euros”.

    Segundo sinalou o voceiro do PP, “pode que pareza que non estamos falando de cantidades moi altas nun ano, pero esto contrasta co importe das axudas que recibiu calquera hostaleiro ou comerciante, e que foron moi inferiores. Se non hai cartos para partidas que son esenciais no noso concello, e que foron reducidas de xeito moi considerable, tampouco od pode haber para aumentar o gasto nestas”. p.s.

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.