O Correo de Deza

En marcha o campo de voluntariado Tradición en Verde na vila lalinense

  • 05 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lalín. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, José Crespo, visitou este xoves o campo de voluntariado Tradición en Verde que deu comezo o pasado luns día 1 de agosto e que se desenvolverá no concello de Lalín ata o vindeiro día 12.

Nel participan 14 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. As actividades programadas, de carácter arqueolóxico, etnográfico e ambiental, perseguen como obxectivos coñecer as diferentes campañas de escavación do Castro de Doade, a divulgación da cultura e do patrimonio galegos a través de varias actuacións no Museo Etnográfico Casa do Patrón e a súa contorna, o acondicionamento da área recreativa e sinalización da Ruta dos Muíños e da Ruta Prehistórica de Doade. O programa complétase cunha excursión ás Rías Baixas o vindeiro martes día 9 na que estes 14 mozos visitarán o conxunto histórico de Combarro, Poio e a praia da Lanzada. Tamén realizarán actividades complementarias dentro do municipio, como rutas en kaiak, xogos de xeolocalización, obradoiros de cestería, baile e danzas tradicionais, veladas nocturnas, visita guiada por Lalín para coñecer a súa historia, cultura e recursos turísticos e visitas á Fraga de Catasós ou ao Embalse de Portodemuros. c.g.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.