O Correo de Deza

Falece o empresario lalinense Bernardino Seijas aos 61 anos

O corpo conducirase este domingo dende o tanatorio O Deza ata a igrexa das Dores

  • 07 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lalín. Este sábado falecía o empresario lalinense Bernardino Seijas Calviño (Nardo Bernabé). Faleceu aos 61 anos de idade e deixa atrás a súa muller Gloria, ás súas fillas Patricia, Lucía, Tamara e Ángela, aos seus fillos políticos Cristian e David, a súa neta Mariña, e aos seus irmáns Celso, Antonio, Nieves,Manolo, Ana e Carlos.

O cadáver será conducido este domingo dende o tanatorio O Deza ás 20.15 ata a igrexa parroquial de Nosa Señora das Dores. Será enterrado no cemiterio antigo de Lalín.

Dende a Fundación adícanlle esta despedida: “Cando un amigo se nos vai, non hai palabras para expresar o seu espazo vacío, pero no silencio da nosa nostalxia, fican as mellores lembranzas dos grandes momentos con el compartidos. A triste noticia do pasamento do noso ben querido amigo NARDO, déixanos un vacío no corazón para todos aqueles que tivemos a sorte de ser seus amigos. Amigos de Galicia chora a pérdida deste gran home que se facía querer sen esforzo e sempre estaba o servizo de todos. Nardo, eras unha gran persoa, e temos a certeza de que hoxe descansas na gloria do noso gran Deus!”. Agradecen a asistencia ao seu funeral, e en breve, informan de que van organizar na igrexa de Lalín unha misa. C.G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.