O Correo de Deza

Lalín busca apoio para
os puntos de recarga
de eléctricos

O Concello pedirá financiación á Xunta
e á Deputación para estes expendedores

  • 21 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lalín. O concelleiro de Medio Ambiente de Lalín, César Reboredo, presentou unha moción para solicitar á Xunta e á Deputación colaboración económica para a instalación de dous puntos de recarga para vehículos eléctricos. Un deles instalaríase na vía pública e o outro nun edificio municipal, como iniciativa exemplar que fomente a redución de emisións contaminantes no transporte, “a través da aposta pola electromobilidade e que coloque a Lalín no mapa de condutores de coches eléctricos de España”.

Na moción, o Partido Popular lembra que Concello aprobou o día 25 de decembro de 2020 o Plan de Acción do PACES (Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía Sostible) no que se define a estratexia do Concello para conseguir reducir as emisións no municipio nun 40 % no ano 2030 respecto aos datos de referencia do ano 2015 e para mellorar a adaptación fronte aos perigos climáticos.

Sinalan que o uso do vehículo eléctrico facilita a redución de gases contaminantes á atmosfera e reduce considerablemente a contaminación acústica producida polo uso de combustibles, contribuíndo así a facer dos nosos pobos un lugar máis habitable e respectuoso co medio ambiente.

Tamén argumentan que estes puntos de recarga eléctrica estarían pensados non só para dar servizo aos condutores que residen no propio concello, senón tamén para os usuarios de vehículos eléctricos que transiten pola localidade, “pois non hai que esquecer que Laín é cruce de camiños”, indican. sol elvira

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.