O Correo de Deza

LalínCamp 22 aumenta as prazas ante a gran demanda

  • 09 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lalín. A oferta de campamentos municipais para este verán LalínCamp2022 vén de arrancar estes días. O edil de Xuventude, Avelino Souto, explica que “o Concello rexistrou moitas solicitudes de inscrición e malia a que sacou o maior número de prazas de campamentos da historia non resultaron abondas para atender á altísima demanda, o que avala a atinada e variada oferta que se propuxo desde o goberno con máis de 300 prazas en dez propostas diferentes para rapaces de 3 a 17 anos”.

“Dada a elevada demanda, desde o goberno incrementamos a oferta en 50 prazas máis, superando as 350, un número récord, para intentar conseguir que tiveran oportunidade o maior número de nenos e nenas posible”, precisa Souto, que remarca tamén que “é o primeiro ano que non se deixa repetir campamento a un mesmo usuario”.

O concelleiro de Xuventude explicou que tamén se produciu un incremento de prazas para os máis pequenos a través do Miúdo Camp. “Actualmente queda unha lista pequena de espera e agardamos que os rapaces que están nela poidan ir entrando de xeito paulatino nalgún dos campamentos, segundo se vaia producindo algunha baixa”, puntualiza. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.