O Correo de Deza

Luisa Piñeiro reafirma o compromiso da Xunta de colaborar con Silleda

  • 14 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

silleda. A delegada territorial en Pontevedra, Luisa Piñeiro, reafirmou onte a “colaboración absoluta e o compromiso máximo” da Xunta co Concello de Silleda durante a súa primeira visita institucional a Trasdeza, que incluiu unha reunión de traballo co alcalde, Manuel Cuíña, e parte do seu goberno. A representante autonómica e o rexedor estiveron a analizar a situación derivada da crise sanitaria e os seus efectos sobre o sector do turismo que, no caso de Silleda, poden ser importantes, xa que se trata do concello con máis prazas de aloxamento da área de Santiago. Piñeiro recolleu tres peticións consistentes na cesión ao Concello da titularidade do vial entre a localidade e a estación do Castro, a mellora do firme da estrada PO-201 Silleda-Laro que presenta un tráfico elevado, e unha pequena reforma dos aseos do colexio público. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.