O Correo de Deza

O artista Diego de Giráldez fará o cartel da Feira do Cocido de Lalín

Crespo anunciouno tras visitar o museo do pintor na Cañiza xunto a concelleira Paz Pérez

  • 19 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Lalín. O alcalde de Lalin, José Crespo, anunciou este martes que o pintor Diego de Giráldez fará o cartel da Feira do Cocido. Así o avanzou tras visitar, xunto a tenente de alcalde Paz Pérez, o museo do artista. Ambos fixeron un percorrido por este singular espazo, situado nunha antiga casa-cuartel en A Cañiza, onde Giráldez ten unha exposición de más de 1.000 metros cadrados repartidos.

“É un dos pintores vivos importantes de Galicia... Fomos alí porque este ano Diego de Giráldez é que nos vai facer o cartel do Cocido. Á parte de visitar o museo que ten alí, estivemos vendo o cartel” explicou Crespo.

O rexidor afirmou que “temos a mellor cartelería de todas as festas populares que hai en España, ninguén ten o nivel de cartelistas que temos... Laxeiro, Sucasas, Álvaro Negro, Lamazares, Barreiro, Castillo... practicamente os mellores de Galicia. Para nós é un luxo que Diego de Giráldez, que é unha institución e que é un dos fundadores dun movemento que se chama NAS (Naturismo, Abstracción e Surrealismo), que representa como ninguén e que tivo un auxe importante... Ver como fixo o cartel deste ano... é que se lle ven ata os peliños que o porco ten no fuciño. É un hiperrealismo, elevado a un grao sumo”, detallou o mandatario local.

José Crespo indicou que en breve darase a coñecer o traballo: “Non vai ser un cartel ao uso, polo prestixio que ten o autor o que fai é un cadro que o convertemos en cartel é coma se fose un cadro adicado ao Cocido e creo que é vai dar moitos sabores porque Diego de Giráldez é un recoñecido e prestixioso pintor que vai formar parte do elenco do que son todos os cartelistas ao longo da historia que xa son 54”. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.