O Correo de Deza

O Concello de Silleda firma o convenio para a inspección dos residuos

  • 24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

silleda. A Deputación de Pontevedra asinou este mércores os convenios con 13 concellos da provincia, entre eles Silleda, para realizar o servizo de inspección dos residuos de empresas e negocios dos seus respectivos territorios. Os firmantes contarán con persoal funcionario provincial e subvencións económicas para realizar o traballo de control do lixo, unha obriga para as administracións locais dende a aprobación da nova lei estatal de residuos o pasado mes de xuño. A intención é que o corpo provincial de inspección comece a traballar entre os meses de febreiro e marzo de 2023. Inicialmente o persoal técnico realizará labores informativas entre empresas e negocios, explicando a obriga de separar en orixe as diferentes fraccións de residuos –nomeadamente a parte orgánica– e de responsabilizarse do seu tratamento. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.