O Correo de Deza

O Mago Teto estreará ‘Ultreia’ en Semana Verde

  • 22 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. O vindeiro domingo 26 de decembro no pavillón 1 da Semana Verde de Silleda terá lugar a estrea de Ultreia. Ao final do camiño estás ti, un espectáculo do Mago Teto e a Banda Municipal de Silleda que combina maxia, música e danza.

Así, percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible.

As entradas están á venda na Escola de Música Municipal de Silleda de 19.00 a 21.00 horas ou chamando ao 659 001 808. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.