O Correo de Deza

Obradoiro de queixería na escola silledense de empoderamento

O novo ciclo formativo comezará o xoves día 15, oferta doce prazas e terá continuidade

  • 06 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. A Escola de Empoderamento Feminino posta en marcha polo Concello de Silleda, a través de Igualdade, retoma a súa actividade cun novo ciclo formativo. Así, desenvolverase un obradoiro de elaboración de queixos que tamén capacitará ás participantes para traballar en queixerías. O curso comezará o vindeiro día 15, con doce prazas, e continuará ata o 3 de decembro todos os martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas.

Ademais dunha parte teórica, con sesións formativas que se impartirán na casa da cultura de Silleda, este obradoiro contará cunha parte práctica que se realizará nunha queixería. O prazo de inscrición ábrese hoxe martes día 6, (ata o 13) e as persoas aspirantes serán admitidas por orde de inscrición. Hai que formalizala a través do Centro de Información á Muller, chamando ó número de teléfono 986 592 037 ou enviando un email a cim@silleda.es.

No citado taller impartiranse os coñecementos teóricos e prácticos básicos para entender os principais sucesos químicos e microbiolóxicos que teñen lugar nos procesos de fabricación e de maduración do queixo. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.