O Correo de Deza

Os Cabezudos de Laxeiro no Día de Galicia de Lalín

  • 23 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

lalín. O Concello de Lalín celebra o Día de Galicia cun pasarrúas dos Cabezudos de Laxeiro acompañados de Carballo da Manteiga, co que tamén se rende homenaxe ao pintor lalinense, Fillo Predilecto, con motivo do seu 26 cabodano neste Ano Laxeiro 2022. O desfile terá lugar o domingo 24 de xullo a partir das 19.00 horas con saída do museo municipal Ramón Aller para despois transcorrer polas rúas máis céntricas do pobo. Os Cabezudos de Laxeiro son pezas exclusivas realizadas por encargo do Concello e deseñados por Luchi Iglesias. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.