O Correo de Deza

Rescatan oito cahorros lanzados a colectores no Deza e en Pontecesures

  • 16 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

LALÍN/PONTECESURES. Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nestes primeiros días do ano a dúas camadas de oito cachorros que foron lanzados a dous colectores nos núcleos urbanos en Lalín e Pontecesures. Aínda que un deles faleceu ao chegar ao centro, os outros sete, con apenas horas de vida no caso de Lalín e escasos días no de Pontecesures, estanse a recuperar cos coidados ofrecidos polo persoal de Caan. A primeira das camadas apareceu nunha caixa dentro dun colector en Lalín no mesmo día 1 de xaneiro, na Rúa Principal. Eran dúas femias, Alicia e Ana, e dous machos, Leo e León, que faleceu polo delicado estado de saúde en que se atopaba. Posteriormente, o día 12 de xaneiro persoal do centro da Deputación rescatou outra camada, cunha femia, Sala, e tres machos, Yogui, Cibrán e Xenaro, tamén nun colector na rúa Victor García de Pontecesures. O aviso deuno unha muller que viu como paraba un coche preto do lugar e, tras escoitar un ruído, acercouse ao colector e viu os cans. Estaban tamén nunha caixa. De seguir a evolución favorable, os cachorros pasarán no centro polo menos tres meses ata completar as pautas de vacinación antes de saír en adopción. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.