O Correo de Deza
Concello de Silleda e Axencia Galega de Turismo cofinanciaron os traballos de sinalización e mellora de accesos destes entornos naturais TEXTO María Rendueles

Revalorizan as fervenzas de Escuadro, Santa Mariña e Graba

  • 16 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Silleda continúa ca posta en valor de elementos turísticos e naturais da capital de Trasdeza Así, veñen de rematarse os traballos do proxecto para a dotación da sinalización e accesibilidade á Fervenza de Santa Mariña, na parroquia de Graba, que inclúe tamén a sinalización para chegar á fervenza de Férveda, xa en Escuadro.

Según informan, esta actuación acometeuse en virtude do convenio entre o Concello de Silleda e a Axencia de Turismo de Galicia, ao abeiro das axudas para actuacións que melloren as infraestruturas turísticas no entorno rural. O proxecto foi adxudicado á empresa Endenor –a única das catro ofertas solicitadas que se presentou– por un importe de 38.324,38 euros.

No caso da fervenza de Santa Mariña, colocáronse paneis indicativos seguindo as directrices de Turismo, dende Silleda (na estrada provincial a Graba). Tamén se acondicionará un tramo do camiño de subida cara a fervenza e construirase un pequeno miradoiro integrado na paisaxe para poder ver o inicio do salto sobre o río Toxa.Trátase dun fermoso enclave dende o que se divisa, ao rematar o camiño de subida todo o monte da Devesa. No entorno, que comezou a difundir hai anos o colectivo local Coto do Castelo, atópase ademais unha antiga fábrica de luz.

O proxecto incluíu tamén a sinalización para chegar á fervenza de Férveda, na parroquia de Escuadro. No ano 2013, o Concello de Silleda creou un roteiro e preparou o acceso a este enclave turístico e natural, coa recuperación tamén de muíños e un lavadoiro. Para completar esta actuación agora colocáronse paneis indicativos para chegar a Férveda dende Silleda e dende a N-640.

“Con esta actuación continúase apostando pola postaen valor dos nosos recursos naturais e turísticos”, indica a concelleira de Turismo e primeira tenente de alcalde, Mónica González, quen explica que se está a traballar tamén no deseño de novos roteiros a través do programa Silleda Camiña, que se retomará en cando as condicións sociosanitarias o permitan.

FÉRVEDA A definen como un fermoso espectáculo de auga, luz e son, formado por unha cascada de auga do río Férveda na parroquia de Escuadro, cunha altura de aproximadamente 17 metros e unha altitude sobre o nivel do mar de 502 metros. Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte das Brañas de Xestoso e participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria. Forma parte do elevado número de cascadas e saltos de auga do Concello de Silleda.

Nas fragas onde se enmarca aniñan aves que son pouco abundantes en Galicia, como os corvos (Corvus corax) ou os falcóns (Falco peregrinus). O bo clima permite a diversidade forestal de xeito que están presentes os loureiros (Laurus nobilis), los acebos, os carballoss (Quercus robur) e os castiñeiros (Castanae sativa). Preto das augas do río, nas ribeiras ben conservadas, existe un bosque cheo de salgueiros e cinzas.

A fervenza de Férveda rodease de lendas, nas que se incluyen elementos del folclore gallego.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.