O Correo de Deza

Silleda activa as becas para universitarios e
o alumnado de ciclos

Leva as bases ao pleno e repartirá 20.000 €, sendo a axuda máxima por beneficiario de 450

  • 29 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. O Concello de Silleda, a través da concellería de Educación que dirixe Ángela Troitiño, pon en marcha un ano máis as axudas a estudantes universitarios e de ciclos formativos para o vindeiro curso académico. As bases que rexerán a convocatoria figuran na orde do día do vindeiro pleno ordinario que terá lugar hoxe xoves día 29 ás 11.00 horas.

As becas municipais están destinadas a persoas que cursen estudos universitarios (agás os que cursen másters, posgraos ou doutoramentos) e estudantes de ciclos formativos (medio ou superior) que cursen estudos oficiais en algún dos Campus e/ou institucións da comunidade.

Tamén se amplía o abano de persoas destinatarias, incluíndo Ensinanzas Artísticas Superiores e modalidades de Bacharaleto. O importe máximo da subvención por beneficiario/a será de 450 euros, para o curso 2021/2022.

Poderán optar a estas axudas persoas residentes e empadroadas no municipio de Silleda (alomenos un ano antes da publicación das bases), e que cursen os referidos estudos universitarios e ciclos formativos. Así mesmo, a renda per cápita familiar debe de ser igual ou inferior a 6.000 euros. Ao igual que aconteceu xa nos últimos anos, as axudas serán con ingreso directo na conta bancaria dos beneficiarios. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.