O Correo de Deza

Silleda arranxará a pista de Portapiñeiro a Castriño

  • 12 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Deza. O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio, e este ano tamén se realizará con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas (coñecido como Plan Marco), a reforma integral dun dos viais vertebradores da parroquia de Piñeiro. Trátase da pista de Portapiñeiro, que enlaza con Castro Castriño e discorre polo interior da localidade. Tamén se arranxará un dos ramais ata a igrexa parroquial de San Xiao. É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nun entorno onde se concentran varias explotacións agrogandeiras. Mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións. O proxecto estima un orzamento para o arranxo deste vial, que suma algo máis dun quilómetro de lonxitude contando os dous tramos, de 114.867,70 euros. Nos dous últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro) e o que une O Castro con Negreiros. A obra está xa en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado (Place) cun orzamento de 114.867,7 euros (ive engadido). Esta actuación virá sumarase a outras previstas os vindeiros meses nos que o Concello seguirá mellorando a extensa rede viaria rural por máis de 1, 2 millóns. ODV

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.