O Correo de Deza

Silleda conmemorará o 25-N cunha andaina, teatro e coloquios

A concentración contra a violencia de xénero será na Praza da Igrexa da vila ás 20.00 horas

  • 14 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. O Concello de Silleda vén de programar unha serie de actividades con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25-N. Coloquios, teatro e unha andaina a Carboeiro centran os actos da programación que arrancará nesa mesma xornada.

O teatro será protagonista ca representación da obra 2Pilgrims, de Redrum Teatro, unha iniciativa que chega da man da Deputación co programa Tornar ás Táboas. A obra está protagonizada pola actriz galega Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo. O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades, ou a importancia das redes sociais serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora, enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero.

A cita será o xoves 25 ás 12.00 no auditorio da Semana Verde, nunha función á que asistirán alumnos e alumnas de Secundaria e aberta ao público interesado. Xa pola tarde, ás 20.00 horas, terá lugar a concentración en repulsa contra a violencia machista, na Praza da Igrexa de Silleda.

O venres día 26 farase entrega de lotes de libros aos centros escolares, e o domingo 28 celebrarase a andaina a Carboeiro baixo o lema 10 quilómetros de respecto. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.