O Correo de Deza

Silleda deu luz verde á contratación do plan de mellora da rúa Progreso

Foi nunha sesión extraordinaria e telemática convocada con ese único punto

    • 14 ene 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Silleda. O pleno da Corporación municipal de Silleda deu onte luz verde á contratación do proxecto denominado Mellora da Mobilidade Peonil na rúa Progreso. A sesión, de carácter extraordinario, tiña como único punto na orde do día a aprobación deste contrato, logo de aprobarse o pasado venres o proxecto da actuación, cofinanciado con preto de 700.000 euros da subvención do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) e fondos municipais. O investimento previsto é de 823.841,24 €.

    Na sesión, á que non asistiu a concelleira do BNG, o PP interesouse por distintas cuestións técnicas relacionadas cos pregos, e tamén polo prazo de execución. O proxecto fixa un prazo máximo de nove meses, se ben no prego de condicións puntúa a rebaixa no tempo das obras.

    “Son os técnicos, os autores do proxecto, os que establecen os prazos, non nós, e unha cousa é a memoria presentada ao IDAE e outra o proxecto final”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña, a preguntas do voceiro do PP, que cuestionaba que no avance inicial se falara de seis meses.

    Outra das melloras que figura no prego de condicións é a creación de 21 prazas de aparcamento temporal, como xa se avanzara en días pasados. Os pregos de condicións subiranse nas próximas horas á plataforma de contratación do Estado, cumprindo cos prazos establecidos polo IDAE. As empresas disporán de 26 días naturais para presentar as súas ofertas. arca

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.