O Correo de Deza

Silleda licita a mellora integral de sete viais cun custo de 250.000 euros

  • 27 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

silleda. O Concello de Silleda acometerá nos vindeiros meses novas actuacións para a mellora integral de varios viais. Así, a xunta de goberno local, aprobou o proxecto que inclue 7 novas actuacións de viais, con cargo á liña de investimentos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, así coma o inicio da contratación co visto bo aos pregos de contratación.Cun investimento de 250.000 euros, o proxecto inclúe a dotación de aglomerado en Camiño do Foxo (un vial cercano á vila de Silleda); no lugar de Cimadevila, na parroquia de Escuadro; en O Marco, na parroquia de Siador, e a pista de Maril, en Fiestras. Tamén se inclúe outro vial en O Ribeirao (Negreiros) e outras dúas en Manduas, no tramo de Vilaverde-

Medelo e en A Moa. Trátase de viais que polo seu deterioro xa non admiten posibilidades de bacheo. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.