O Correo de Deza

Silleda vai colaborar con Cogami na integración

  • 18 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. O Concello de Silleda vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Amicos, unha entidade sen ánimo de lucro para a atención de persoas con discapacidade intelectural, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e Keltoi Cameán, coordinador de orientación laboral de Amicos, asinaron o acordo polo que Silleda cede á entidade un local na casa da xuventude, na rúa Trasdeza, para a atención ás persoas con discapacidade, ás que ofrece un servizo de orientación laboral. Deste xeito, Amicos atenderá ás persoas con discapacidade que así o demanden todos os primeiros venres de cada mes en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O convenio ten por obxecto establecer unha colaboración entre ambas entidades para desenvolver accións de cara a promocionar a integración social e laboral das persoas con discapacidade, mellorando a súa empregabilidade mediante asesoramento e a formación axeitada, ademais de realizar unha labor de sensibilización no municipio. Este servizo de orientación laboral incluirá, entre outras prestacións, un diagnóstico individualizado dos perfís e deseño de itinerarios personalizados. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.