O Correo de Deza

Solicita o PP de Silleda o arranxo dunha pista intransitable en Chapa

  • 21 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

silleda. O voceiro do Partido Popular de Silleda, Ignacio Maril, lamentou unha vez máis a falta de traballo do executivo municipal e do alcalde, Manuel Cuíña, e solicitou a limpeza da pista que da acceso a parroquia de Chapa dende a N-525, hacia a igresa da parroquia, xa que se atopa en moi mal estado por mor das últimas chuvias. Según sinalou o voceiro do Partido Popular, esta pista leva chea de lama dende as tormentas da pasada semana, o que fixo que incluso ese barro chegase ata a N-525, e que se atoasen as tubaxes das cunetas nesta estrada. Isto fai que, ante calquer día de chuvieira, a auga corra por riba da pista e da estrada nacional, sen que ata o de agora se fixera nada dende o Concello de Silleda para poñer solución a unha situación que fai que a pista esté intransitable e que se incremente o perigo dos vehículos que circulan por estes viais, polo que o voceiro popular urxe ó goberno municipal a que actúe de inmediato para poñer fin a unha incidencia que está a causar ós conductores un perigo innecesario. A xuizo do voceiro popular, Ignacio Maril, os veciños do rural non se merecen este abandono por parte do mandatario e do seu grupo de goberno, que cando se trata das parroquias do rural semellan mirar para outro lado. m.b.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.