O Correo de Deza

Volven os obradoiros de estimulación e de alzhéimer a Silleda

Suspendidos polas restricións sanitarias, celébranse agora na casa da cultura

  • 18 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Silleda. O programa integral de atención a persoas con alzhéimer e outras demencias e as súas familias, que se vén realizando en Silleda dende o ano 2014, retomouse esta semana ca reanudación dos obradoiros de estimulación cognitiva. Estas sesións, que se suspenderon no mes de marzo, volven celebrarse, esta vez na casa da cultura, con número reducido de participantes e cas medidas establecidas para a prevención fronte á covid-19.

O presidente de Afapo, José Manuel Fontenla, e a concelleira de Benestar e Sanidade, Ángela Troitiño, deron a benvida aos participantes nestes obradoiros, impartidos por persoal da entidade.

Durante o confinamento, as persoas usuarias do programa estiveron atendidas con traballos para realizar que se entregaron a domicilio por parte de persoal voluntario. “Agora retomamos esta iniciativa, adoptando todas as medidas oportunas, e a fin de previr e retrasar a aparición da enfermidade”, indica a concelleira, que agradece o apoio prestado pola Asociación de Familias de Persoas con Alzheimer de Pontevedra (Afapo), ca que o Concello de Silleda renovou este ano o convenio de colaboración, aportando 18.000 euros para atender aos pacientes e aos seus familiares. S. E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.