O Correo de Deza

Ximnasia gratuíta de novo para os lalinenses

  • 17 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

LALÍN. Comeza unha nova edición do progama Ximnasia no rural de Lalín. O edil de Deportes, Avelino Souto, destacou que “nesta ocasión, os lugares de desenvolvemento da actividade son 18, aumentándose esta oportunidade da práctica de exercicio en máis parroquias con respecto ao ano pasado. Así mesmo, e ao non estar en pandemia, o número de prazas medrará”. As clases comezarán este luns 17 e rematarán en xuño. Terán lugar os luns e xoves, ás 10.00 en Vilatuxe e Goiás, ás 11.00 en Barcia e A Xesta, ás 12.00 en Gresande e Catasós, ás 17.00 horas, en Soutolongo e Cercio, e ás 18.00 en Botos e Muimenta. Os martes e venres, ás 10.00 impartiranse en Madriñán e Bermés, ás 11.00 en Noceda e Fontecabalos, ás 12.00 en Donramiro e Sello, e ás 17.30 en Filgueira e Prado. Anotacións gratis no teléfono 986 787 060. O alcalde, José Crespo, di que “seguimos apostando forte por ofrecer opcións de actividades que benefician a saúde e o benestar”. C. E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.