O Correo de Ordes-Arzúa

A cativada de Touro vai ter neste verán parques totalmente renovados

  • 17 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

TOURO. O Concello de Touro está acondicionando durante os meses de bo tempo os parques infantís ubicados no municipio. Concretamente arranxou o parque para nenos e nenas ubicado ao lado da piscina municipal, na área de servicios do concello, onde tamén están as pistas de xogo e a casa da cultura. Este espazo infantil conta con novos columpios, tobogán e balancín. Un equipo de traballadores do Concello adícase á posta a punto das instalacións de lecer para que veciños e veciñas, grandes e pequenos, poidan utilizalas durante o tempo de verán. Dende o goberno local informan de que os traballadores municipais seguirán desenvolvendo o arranxo destes e outros espazos durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende desta forma “pór ao día as instalacións que son utilizadas pola veciñanza”, indican fontes municipais. C.E

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.