O Correo de Ordes-Arzúa

A Festa da Merenda de Aiazo volta o día 10 tras dous anos de ausencia

  • 24 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

frades. Tras dous anos de ausencia pola pandemia sanitaria, a parroquia de Aiazo (Frades) traballa na volta da súa gran celebración anual: a Festa da Merenda, que cumpre quince edicións. Unha iniciativa organizada pola Asociación de Veciños Os Pasos, en colaboración co Concello de Frades, e que terá lugar o Domingo de Pascua, o 10 de abril, na área recreativa de Aiazo. Atentos á evolución da pandemia para establecer o protocolo de actuación, os organizadores teñen decidido “non deixar apoiarse no mostrador para comer. Organizaremos unha ou dúas entradas nas que catro ou cinco persoas poidan ir recollendo as merendas e marchen a comelas a outra parte do campo da festa”, explica Charo Astray, voceira da festa. As merendas son de balde, se ben tamén hai a posibilidade de mercalas en caixas de pizza por 3 euros (5 € dúas). arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.