O Correo de Ordes-Arzúa

A parcelaria de Touro reorganizará 8.589 parcelas

  • 24 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Touro. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde de Touro, Ignacio Codesido, para analizar a proposta de reestruturación parcelaria que se levará, o próximo 27 de xullo, ao Comité Técnico Asesor, que preside o propio delegado, no que, ademais, participan todos os órganos que puideran ter algunha alegación á realización da reestruturación agraria que se propón para este concello.

Trenor explicou que nestes momentos está próximo ao seu remate o Estudo Previo de Iniciación para levalo á reunión, que terá lugar a vindeira semana, para a súa aprobación. O delegado da Xunta destacou que esta nova zona de concentración parcelaria que se propón para Touro levarase a cabo na zona de Fao-Novefontes, sobre unha superficie de 725 hectáreas, e que afectará a 8.589 parcelas e a 681 propietarios.

Neste senso, Trenor sinalou que “a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na Comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade”. Ademais, indicou que se seguirán impulsando este tipo de procesos á vez que se aposta por outros instrumentos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras. Así, tal e como recolle a Lei de recuperación da terra agraria, fomentaranse, entre outros, os polígonos agroforestais, as agrupacións, as aldeas modelo ou as permutas. m. rendueles

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.