O Correo de Ordes-Arzúa

Abren a mostra ‘Kinetiko’ e a campaña de fomento da lectura Arzúa Conta

  • 23 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Arzúa. O departamento de Cultura de Arzúa continúa desenvolvendo as actividades da programación Primavera de Cultura que en abril están centradas en conmemorar o Día Internacional do Libro. Este venres, a Capela da Madanela acolleu a exposición de autómatas Kinetiko con visitas guiadas de 10.00 a 13.00 para grupos escolares e de 16.00 a 20.00 h. para o público en xeral. A mostra está formada por nove pezas automatizadas entre as que se atopan autómatas musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, monicreques con efectos especiais, un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra e moito máis.

Por outra parte, do 23 ao 30 deste mes de abril ponse en marcha a campaña de animación á lectura e de apoio ás librarías da vila Arzúa Conta. Durante esos días con cada merca dun libro entregarase un lote de agasallos ata agotar existencias. s. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.