O Correo de Ordes-Arzúa

Arranca na vila arzuá o primeiro espectáculo dos Venres na Capela

Ás 21.00 horas terá lugar o espectáculo de Sergey Arutyunyan Ensemble na vila

  • 07 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Arzúa. O departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa coa programación da sétima edición de Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con

actuacións de artes escénicas e musicais dirixidas a todos os públicos.

O programa cultural continúa este venres, 7 de outubro, co primeiro espectáculo dos Venres na Capela con propostas para público adulto. O concerto de Sergey Arutyunyan Ensemble promovido por Peregrinos Musicales terá lugar ás 21.00 horas. Trátase dun cuarteto de corda xunto con este violinista afincado en Portugal, descendente da prestixiosa escola de corda de San Petersburgo. Sergey estará acompañado dun conxunto de músicos de talla internacional que vai interpretar obras de Albinoni, Bach, Pergolesi, Marcello e Vivaldi.

A Asociación de Peregrinos Musicales é unha entidade sen ánimo de lucro que foi creada en 2011 pola pianista Ilona Timchenko. Entre os proxectos da entidade están, ademais doutros, a organización do Festival de Peregrinos Musicais, o ciclo Arte do piano ou O Teu Xacobeo no que se encadra esta actuación que terá lugar este vernres en Arzúa. Durante o espectáculo poderase ver de novo a exposición de pintura Fraxilidade, unha colección de cadros de Manuel Rodríguez Varela. O acceso será libre e gratuíto ata completar a capacidade.

PLÁSTICOS. Por certo que dende o Concello lembran que comezará en breve a recollida de plásticos agrícolas. Este servizo achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, polo que todos aqueles veciños que teñan plásticos e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Só se poderán depositar os procedentes da actividade agrícola (en ningún caso rodas, bidóns nin outros similares). Dende o goberno local recordan que deben presentarse limpos e atados para facilitar os labores de retirada.

O primeiro día será o luns 17 e a recollida farase en Boente, Figueiroa, A Castañeda, Vilantime, Maroxo, Brandeso, Viñós, Tronceda e Dombodán. Logo o servizo vai rotar por outras parroquias os días 18 e 19. O Concello pide á veciñanza que respecte horarios e deposite os plásticos correctos. c.e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.