O Correo de Ordes-Arzúa

Arzúa estrea en agosto o ‘Coidados porta a porta’

  • 12 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Arzúa. O Concello de Arzúa ofrecerá aos seus veciños e veciñas a posibilidade de desfrutar gratuitamente dunha serie de servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria grazas a unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social.

O programa denominado Coidados porta a porta achegarase a Arzúa os días 2, 3, 4 e 5 de agosto para que as persoas maiores de 55 anos poidan desfrutar dunha serie de coidados especializados sen necesidade de desplazarse, según a información facilitada desde o Concello.

A unidade móbil estará situada na explanada do campo da feira e nela realizaranse revisións e valoracións auditivas, atención podolóxica para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías, así como probas de valoración cognitiva ou exercizos de estimulación para a prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

CITA PREVIA. Os veciños e veciñas de Arzúa que desexen acceder a algúns destes servizos, nas datas sinaladas, deberán solicitar cita previa no número de teléfono 622 748 283 ou no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.