O Correo de Ordes-Arzúa

Atalaya ensina o traballo en Huelva á Cámara de Galicia

Vinte representantes do sector mineiro galego coñeceron as técnicas de produción de cobre que a empresa utiliza na súa planta andaluza

  • 27 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Atalaya Mining, a empresa mineira encargada do Proxecto Touro, vén de recibir nas instalacións de Riotinto, en Huelva, a un grupo de vinte membros da Cámara Oficial Mineira de Galicia. Alí puideron coñecer de primeira man as modernas técnicas de produción de cobre empregadas na mina andaluza. En palabras da empresa “es una de las operaciones mineras más importantes de España, que emplea a 900 personas y ha supuesto una inversión de 300 millones de euros”, sinalan.

A comitiva estivo encabezada por José Lista, presidente da COMG (Cámara Oficial Mineira de Galicia); Juan José López, vicepresidente; e Miguel Ángel Fortúnez, director da entidade. Tamén acudiron empresarios galegos do sector, representantes de asociacións, colexios profesionais e da Universidade.

En definitiva, todos os asistentes puideron comprobar in situ “las prácticas sostenibles y la tecnología de última generación que han convertido en referente europeo a esta mina a cielo abierto”, explican fontes de Atalaya Mining. Este proxecto, segundo as mesmas fontes, supuxo unha redución do paro do 35 % na comarca, con máis de 900 empregos directos, ocupados na súa maioría por habitantes da Conca Mineira.

Neste encontro tamén compartiron ideas cunha meta común: “Fomentar la minería metálica en España”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.